domingo, 22 de enero de 2012

Respira,

Ya sé lo que estás pensando. Son malos tiempos para los soñadores. Aún así, no temas; a pesar del diluvio en el que nos encontramos, no será más que algo pasajero. Las cosas vienen así, y tal y como vienen, se van.
Pero no te olvides de respirar, es lo que hacía falta. Respira, aunque sea otra persona la que ponga el aire.

martes, 3 de enero de 2012

''Podía ser peor'', se dice.

Arranca da túa vida o nome de todos os que en nome do amor magoan. Os que escriben con rotulador de odio na libreta do corazón: ''Es mía o de ninguno''. Os que levantan a voz, a man, para ameazar ou golpear: canallas. Os que maltratan porque non pertencen á mesma especie ca ti: humana. Borra da túa vida os que en nome da liberdade de expresión dan publicidade á ignonimia, á indignidade; borra aos que xustifican con soberbia e estupidez televisiva, o deterioro da cultura e da razón...en nome da liberdade.
Non toleres, tampouco, aos intolerantes. Distánciate dos violentos. Sinala aos culpables, avariciosos e ambiciosos, que son capaces de comprar e vender almas como se fosen ladrillos. Non te fíes dos que, en nome do progreso, vulneran todo apego á tradición: escribir cartas simples con remite, selo e oficina de correos. Escapa dos que en nome da música converten calquera ruído en canción, os que fixeron da superficialidade un doutorado de finanzas, os que teñen unha caixa rexistradora en lugar das emocións. Non teñas medo dos que en nome do futuro deterioraron o presente. Comprende aos ilusos e inocentes: porque a inocencia segue a ser unha virtude, porque esperanza é a palabra máis fermosa, porque non pode chegar ao sol aquel que garda os sentimentos baixo terra. Dille que a queres, que o queres, porque en nome da prudencia non existen Xulietas nin Romeos.
E por último, en nome desta columna, non deixes de amar o que tes que facer cada día e aos que están, sempre, no teu adentro. Non coñezo outro segredo para ser feliz.



..Y sigue caminando.